17 abril, 2015

Showcooking con Manuel, Gañador Masterchef 2014

Acto: showcooking con Manuel, Gañador Masterchef 2014
Fecha: 18 de abril 2015
Hora: showcooking ás 18:00h con photocall ás 20:00 h
Lugar: Planta Baixa de Ponte Vella para showcooking y Planta Alta para Photocall

A Concellería de Xuventude do Concello de Ourense e Ponte Vella coorganizan unha serie de actividades orientadas a mozos e mozas os sábados 18 e 25 de abril.

As actividades teñen como obxectivo prioritario fomentar actividades de lecer saudables, fomentar a relación entre os xóvenes promovendo a formación lúdica e os valores de convivencia, tolerancia, solidariedade, participación e aprendizaxe intercultural.

A primeira actividade será a cargo de Manuel, gañador de Master Chef Junior 2014 que realizará na Planta Baixa un showcooking  e nos mostrará a realización de tres pratos diferentes con productos galegos. Nesta demostración contará coa colaboración de Gadis, Aceites Abril, Kiwi e Tino Iglesias Servizos Gastronómicos. Ás 20:00 horas realizarase un photocall para todos os que desexen levar un recordo da visita do último gañador de Master Chef Junior.